Video Debate La Región

Posted in Videos | Leave a comment

Concentración Parlamento de Galicia 28 Febreiro

Este vindeiro martes 28 as 17:00 debatirase no Parlamento de Galicia unha moción sobre a rexeita pola Xunta de Galicia de calquera proxecto para a instalación dunha planta incineradora de lixo no Irixo. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 75040, publicada no BOPG núm. 606, do 27.12.2011, e debatida na sesión plenaria do 14.02.2012)”. 

Por este motivo, a plataforma Incineradora no Deza NON, convoca unha concentración PACÍFICA diante do Parlamento de Galicia en contra da posible construcción dunha incineradora en O Irixo e a favor doutros modelos de tratamento de residuos que favorezan a redución, a reutilización e a reciclaxe dos mesmos.

Temos dereito a protestar e defender a nosa terra!!

Contamos coa vosa presenza!!

 

Posted in Incineradora | Leave a comment

Entroido 2012

Parabéns a tódalas comparsas especialmente as dúas do Irixo, as Monarcas do Irixo gañou o 1º premio 1300 euros e a nosa, O Bosque desanimado do Irixo 60 euros por participar.

Gracias a toda a xente que, de forma desinteresada e gastando o seu tempo e cartos, estiveron defendendo a súa terra en Lalín, Verín, Ourense, Maside e Carballiño. Tamén agradecer a toda a xente que nos aplaudiu e apoiou en todos eses lugares e nos fixo sentir tan arroupados e como se estivesemos na casa.

 

Coordinadora Veciñal Incineradora No Irixo Non.

Posted in Incineradora | Leave a comment

Reporteiros (18/02/2012-TVG). Reportaxe sobre a incineradora no Irixo

Posted in Videos | Leave a comment

Actividades do Entroido Incineradora No Irixo NON

 A pesar das pretensións do alcalde do Irixo, tratando de acalar a nosa voz mediante a suspensión do entroido no noso concello. Nos os veciños do Irixo e membros da “Coordinadora Incineradora no Irixo Non”, seguiremos loitando contra a instalación da Incineradora coa participación nos seguintes desfiles do entroido da provincia:

…Domingo 19 pola mañá: Desfile no entroido de Verín.
Domingo 19 pola tarde: Desfile no entroido de Ourense.
Luns 20 pola tarde: Desfile no entroido de Maside.
Martes 21 pola tarde: Desfile no entroido de Carballiño.

Participaremos nos pasarrúas cunha carroza titulada “O BOSQUE DESANIMADO”, na que tratamos de reflexar como a incineradora convertirá a nosa terra nun lugar inhóspito para a vida. “IRIXO 2012-IRIXO 2020”.

Invitamosvos a todos a participar no entroido e a seguir loitando para evitar a imposición da incineradora en contra da vontade dos propios veciños do Irixo.

FDO: INCINERADORA NO IRIXO NON

Posted in Eventos | Leave a comment

COMUNICADO DA COORDINADORA

COMUNICADO DA COORDINADORA VECIÑAL, INCINERADORA NO IRIXO, ¡NON! O Irixo, 15 de febreiro de 2012

En relación co Decreto de data 9 de febreiro, insertado onte no BOP de Ourense (nº37), no que o alcade do Concello do Irixo, Manuel Penedo Paradela, delega as súas funcións no concelleiro tenente de alcalde, Manuel Cedeira Lorenzo, do 13 ao 22 do presente mes, aducindo “asuntos propios”, QUEREMOS MANIFESTAR:

1º.- Que o alcalde e mailo tenente cóstannos (segundo o ozamento de 2010) aos irixenses actuales (1740 resistentes): 76.409,92 euros (incluída a Seguridade Social). Compárese a cifra cos gastos de persoal, Capítulo I, 294.123,98 euros, e co presuposto total do Concello 1.016.039 euros. Ambos “mandatarios” teñen dedicación exclusiva e deberían estar de 8 a 15 hs no Concello, pero eles mesmos controlan o seu horario. Todos sabemos que Manuel Penedo está polas tardes no negocio familiar de ferretería e almacen de materiais de construcción (do que surte ao Concello) e que Manuel Cedeira, o inefable “Lito”, emprega ben o tempo (con negocios inmobiliarios no Carballiño).

2º.- Causa indignación, pois, que sendo eles os únicos políticos que cobran por selo no Irixo (58.000 euros netos entre os dous) intenten descalificar o movemento cidadán contra a instalación da Incineradora -que pediron polo calada, de costas ao pobo-, coa falacia de que somos uns “poucos”, manipulados politicamente polo PSOE e o BNG. Mentiron os que antes nos ocultaron os seus manexos, e agora volven mentir para convenceren aos que dubidan da “excelencia” da incineradora: viaxes a Cerceda con xantar abundante e todo por suposto sufragado, chamadas teléfonicas aos comuneiros dos montes e outras falcatruadas polo estilo.

3º.- Ao alcance están, nas hemerotecas, as declaracións públicas de Penedo (primeiro demonizando “ao aparellador, ao cura e ao poeta”, logo contestándolle así ás mulleres: “póñoa porque me dá a gana”). En fin, exercendo de amo e señor, desprezando aos seus votantes, perseguindo aos que denunciamos o “negocio SOGAMA 2”. Tanta ignorancia e insensatez conducen á crispación: familias divididas, adhesións a causa compradas con hipoteticos “postos de traballo”, listas negras, insultos, descalificacións… Non, non somos dóciles “ovelliñas”, non imos tolerar que xoguen coa nosa saúde e coa dos nosos fillos (aceptou a incineradora sen ter estado nunca en Cerceda, e foi, por fin, na compaña do Secretario, pasados tres días do anuncio do Conselleiro de Medio Ambiente, 7-12-2011). Agora decide “delegar as súas funcións no “concelleiro tenente”, precisamente no tempo do Antroido. Fuxe porque ten medo. É o ANTICIPO do que fará se logra IMPORNOS a Incineradora, o vertedoiro e todo o que lle ordene Estela Eólica, daquela marchará definitivamente. Él non lle quere ao Irixo, avergónzase de ser de aquí.

4º.- Manuel Penedo escápalle á burla popular (él, tan valente, que ata tildou ao alcalde do Carballiño de “cobarde”, por situarse ao lado dos seus veciños), ténlle medo á tradición, odia a cultura, representa a barbarie incivilizada.

Esta supresión do Antroido no Irixo lémbranos moito a condea decretada contra o Carnaval, durante decadas, por un tal Francisco Franco. Pero a pesar da tiranía, á que lle descubrimos o seu verdadeiro rostro, e do traballo sucio do seu “tenente”, seguiremos loitando contra os que queren converter esta terra na que nacemos -fermosa, chea de posiblidades limpas- no basureiro do sur. ¡¡¡¡Contra o tirano que nunca rí, BURLA CHEIRENTA!!!!

Posted in Incineradora | Leave a comment

Petición de Información ao Sr. Tenente Alcalde

Hoxe un grupo de persoas solicitáronlle información ao señor Tenente Alcalde sobre a incineradora de O IRIXO, iso si, tiveron que esperar ata as 11 da mañá.

Estas son algunhas das preguntas:

1.- ¿Por qué queredes instalar unha incineradora no Irixo?
R- Amosou os curriculums da xente

2.- ¿Dende cando un Concello fai a selección de persoal dunha empresa privada?
R- A empresa (Estela Eólica) lle pediu administrativos, técnicos (non nombrou os posto de separar lixo) e eles darán os currículos pertinentes.

3.- ¿Antes de propoñer esa zona fíxose algún estudo para ver se era viable (augas, topoloxía,…)?
R- Si. En breve daranos razón a xente que ó solicitou

4.- ¿Por qué concellos como Vigo, cunha taxa de paro altísima, deixan escapar esta gran oportunidade de emprego (300 postos) ?
R- Son 140 e non 300 (a cousa vai baixando) e que a xente do Irixo tamén ten dereito a traballar.

5.- ¿Como demostra el que a maioría dos veciños están a favor?
R- Non soupo contestar. (Nós pedimos un referendouma para demostralo)

6.- ¿Impórtalle algo a opinión dos veciños que estaban alí manifestando as súas inquedanzas?
R- Non. Polo que algún dos asistentes abandonou o despacho.

7.- ¿Que cousa fixo vostede no Irixo, como técnico de desenvolvemento local ?
R- Un xeriátrico, un restaurante en Dadín, un restaurante no Tellado e un obradoiro de emprego.

Os asistentes dixéronlle que eses negocios eran privados, e el contestou dicindo que él xestionaba as axudas.

 

 

Posted in Incineradora | Leave a comment

Video Manifestación Carballiño

Posted in Videos | Leave a comment

“A Incineradora póñoa porque me dá a gana”

Hoxe as mulleres do Irixo volveron a pedirlle explicacións ao señor Alcalde pola instalación da Incineradora, e non puido ser máis claro:

 

¿Por qué quere a Incineradora no Irixo?

Sr. Alcalde –Porque me da a gana.

 

 

Ver noticia na Voz de Galicia: Porque me dá a gana

Posted in Incineradora | Leave a comment

Manifestación 29 de Xaneiro Carballliño

 

Posted in Videos | Leave a comment