Convocatoria Asamblea 12 Maio as 16:00

O vindeiro sábado 12 de maio, ás 4 da tarde, celebrarase unha Asamblea da Coordinadora Veciñal Incineradora no Irixo Non, no local social da Rúa de Loureiro.

Informarase sobre as actividades realizas e outra información de interese.

 

COORDINADORA VECIÑAL INCINERADORA NO IRIXO, NON

Posted in Incineradora | Leave a comment

Pleno Concello de O Irixo 26 de Abril as 13:00

Hola a todos!!

Este xoves día 26 de Abril as 13:00 pleno no Concello de O Irixo.

Animamos a tódala xente a asistir o pleno para mostrar unha vez máis de maneira clara e pacífica como ata o de agora, a nosa oposición a instalación da Incineradora! É moi importante! Xuntos non poderán co sentir dos veciños!
Saúdos a todos vémonos alí!!!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2012/04/24/pleno-irixo-debate-sobre-incineradora-proyectada-localidad/0003_20120420120424171451396.htm

Posted in Incineradora | Leave a comment

Manifestación en Lalín 22 de Abril

O DOMINGO 22 IMOS ENCHER AS RÚAS DE LALÍN …

Convocada pola Plataforma Incineradora No Deza NON.

Posted in Incineradora | Leave a comment

Agradecementos Festival

Boa tarde a tod@s.

Queremos agradecer a tódalas persoas que participaron, traballando e axudando, e fixeron posible a celebración de este Festival, especialmente a Silvia e a Nuria, porque sin elas non sería posible.

Agradecer o apoio de tódalas persoas que asistiron e participaron no Festival, dende nenos ata maiores.

Como non, agradecer tamén os músicos que participaron de maneira gratuita, aportando o seu grao de area, e tamén a xente, empresas e colectivos que aportaron o que puideron para as cestas do sorteo, moitas gracias a todos eles.

Gracias a todos por converter este Festival nun auténtico éxito, non me quero imaxinar se nos fixera bo tempo…

Un saúdo.

Coordinadora Veciñal Incineradora No Irixo Non.

Posted in Incineradora | 2 Comments

Comunicado Festival 14 de Abril

Como resposta social a aposta da Xunta de Galicia pola inceneración de residuos comomodelo de negocio, e a sua intención de instalar unha Incineradora de RSU no Concellode O Irixo, convocámosvos a todos o próximo sábado, 14 de abril, a un festival protestapara defender a Reducción, a Reciclaxe e a Reutilización de residuos e loitar contra ainstalación de outra incineradora en Galicia.
As actuacións sucederanse dende as 13:30 ata a 1:45, hora a que dará comezo o últimoconcerto. Contaremos con 2 escenarios nos que soará música para todas as idades,sortearanse lotes de productos artesáns e da terrra, teremos comida e bebida a prezosmoi populares e tamén haberá carpa para que non vos molledes se chove.O lugar onde se celebrará e unha carballeira centenaria situada a 3 minutos andando daestación de tren de Irixo, na cal ten lugar a festa da Parroquia do Campo (GPS pobo daLama).

Dende Santiago tardase unha hora en tren e dende Ourense 35 minutos, conexión directadende as dúas cidades 3 veces ao día, polo que PENSAMOS QUE PAGA A PENA, tanto pola defensa da nosa terra, como pola carteleira de actuacións:

  • -Serandeiros de Boborás.
  • -Piconas do Irixo.
  • -Ce Orquetra Pantasma.
  • -Roberto Sobrado.
  • -Xosé Constenla e Andrés Fernández.
  • -Os Varacuncas.
  • -A Quenlla.
  • -Atake Skampe.
  • -Zënzar.
  • -Skarmento.
  • -Kambotes.
  • -A Banda Desarmada.

Dende aquí queremos agradecer a todos os grupos que nos fixeran un oco nas súasaxendas para colaborar desinteresadamente coa causa, así como a asociación musical 8Notas, coorganizadores, sen os cales resultaría imposible a celebración deste concerto.

En Irixo a 9 de abril de 2012.
Fdo: Coordonadora Incineradora no Irixo Non.

Posted in Incineradora | Leave a comment

Festiva 14 de Abril

 

Cartel Festival 14 Abril

Posted in Incineradora | 1 Comment

Andaina

Achegamos unha colección de fotos como unha mostra máis de agradecemento a tódalas persoas que participaron na andaina do pasado 25 de marzo.

Gracias a tod@s!!

Posted in Incineradora | 1 Comment

Andaina, domingo 25 de marzo

ANDAINA

EN CONTRA DA INCINERADORA DE RESIDUOS.

Domingo, 25-marzo-2012

 

LUGARES E HORAS DE SAÍDA:
• O Campo (Campo da festa por Orosa): 10:00 h
• Marnotes (fonte): 10:30 h.
• Madanela (Ermida): 10:30 h.
• Loureiro (cooperativa por Valduíde): 10:30 h.
• Piñor (Grobas, campo da festa): 10:30 h.

 

CHEGAREMOS ATA O COTO DO MARCO (A ZONA ONDE SE PRETENDE INSTALAR A INCINERADORA), LERASE UN MANIFESTO E DISFRUTAREMOS DUN XANTAR POPULAR (levar comida, bebida e roupa  adecuada).

Descargar panfletos:

ANDAINA IRIXO

ROTEIRO DEZA

 

Podedes descargar tamén o percorrido nos seguintes enlaces:

O CAMPO_COTO DO MARCO

MARNOTES_COTO DO MARCO

COOPERATIVA LOUREIRO_COTO DO MARCO

A MADANELA_COTO DO MARCO

 

ORGANIZAN: COORDINADORA VECIÑAL DO IRIXO, PLATAFORMA DO DEZA, CONCELLO DE PIÑOR E PLATAFORMA DE CARBALLIÑO.

Posted in Eventos | Leave a comment

A dignidade do Irixo

Cando suprimiron o coche de liña -onda nós nunca se lle chamou autobús- que cubría o traxecto entre o Carballiño e O Irixo, e viceversa, decateime de que a miña terra adoptiva perdera unha das súas principais referencias. Os horarios da liña, primeiro a empresa Perille -eu non a acordo-, logo o Campinas e por último o Auto Industrial, marcaron os tempos da miña xente, xunto coa campá da torre da igrexa, durante a maior parte do século XX.

O subir e o baixar do transporte público, tres veces ao día, por unha estrada de coios e polvareda, estableceu costumes e ritmos que ninguén lembra, que se perderon. Foi precisamente no ómnibus onde coñecín, a finais dos sesenta, a Pepe Nogueira.  Colleramos o último para arriba, o das oito e media da noite, pero como se encheu axiña, a uns cantos tocounos viaxar de pé.

Cadramos por depar e a conversa xurdiu de seu. Pepe, que andaría daquela nos trinta, destacaba por fornido, tirando a pequenote, o pelo basto e peiteado ao cepillo, pero, sobre todo, por falador. Eu acababa de chegar da Arxentina, el xa andara moito mundo: Canadá, Australia, Alemaña…

Precisamente ese foi o tema que tocamos. Mais a pesares da obrigada cautela, comprobei que vestiamos en ideas: antifranquistas e galeguistas. Aquel verano atopámonos en case todas as festas e romarías da bisbarra, acabamos intimando. Débolle a miña inmersión na aldea, ao longo dos setenta, a un grupo de amigos que me valeron a vida e as palabras: Xosé Dobarro Dejuane, Xulio Dobarro Ferradás, Elixio Villaverde García e Xosé Nogueira Bernárdez, Pepe. Nada sería igual sen eles no Irixo, tampouco en Santiago, en Vigo… Pepe, o maior e o que máis posibilidades económicas tiña, representaba a irmandade telúrica, a bonhomía solidaria, a sensatez, a ansia de liberdade. Frecuentador do mundo cultural -sabía desenvolverse no ambientes progres con intelixencia-, nunca dubidou en encararse, con irónica habelencia, á estupidez banal, á hipocrisía. Era home dunha peza enteira, sen dobreces, profundamente humano, tenro e xeneroso. Pepe Nogueira fóisenos a moitos, porque el sabía ser de todos. Nós, os que tivemos o privilexio de compartir con el circunstancias moi dispares e aventuras incribles, seguirémolo botando, sempre, de menos. Pepe non lles falta aos de Marnotes nin aos seus irmáns. Sabémolo por unha raiola de luz atravesando unha folla, por un mínimo detalle. El está aí, convosco, nesta batalla pola dignidade, pola supervivencia do Irixo.

 

Luis G. Tosar.

Posted in Incineradora | Leave a comment

Reunión Asamblea Coordinadora Veciñal

O pasado sábado, 3 de marzo, celebrouse unha asemblea da coordinadora veciñal, Incineradora no Irixo, NON, na que se acordaron os seguintes acordos:

  • Nomear como novo presidente a Juan José Nogueira González.
  • Solicitar a dimisión da corporación do Concello de O Irixo.
  • Seguir loitando ata que haxa un compromiso definitivo da non instalación da incineradora no noso contorno.
  • Convocar a toda a xente que queira participar a unha andaina ata o punto que pretenden instalar a incineradora.
  • Agradecer a tódolos veciños, a Plataforma Incineradora Non, Plataforma Incineradora no Deza Non, partidos políticos, sindicatos, grupos ecoloxistas,  a  “valente posición do alcalde de O Carballiño, Argimiro Marnotes, e a decisión unánime da Deputación de Ourense, todo o apoio recibido.
Posted in Incineradora | Leave a comment