A razón da Nosa Causa

OS VECINOS DE IRIXO ESTAMOS INDIGNADOS E MOI PREOCUPADOS POLA INTENCIÓN DE INSTALAR UNHA INCINERADORA NO NOSO MUNICIPIO:

En primeiro lugar estamos indignados porque o alcalde o que lle demos a nosa confianza cos nosos votos, mantivo oculto durante moito tempo a instalación desta planta e en ningún momento nos consultou a nos, OS DIRECTAMENTE AFECTADOS, se a queremos ou non?, e sigue negándose a informar.

Neste sentido queremos suliñar que esta COORDINADORA nace de forma totalmente APOLÍTICA, e que formamos esta coordinadora votantes do PP, do PSOE e do BNG do concello do Irixo.

Estamos indignados pola manipulación que se está a facer dos 250 postos de traballo que vai a xerar a planta, xa que estes postos non serán de funcionarios do concello, e polo tanto, no mellor dos casos tan solo se poderá lograr un compromiso para que traballe un determinado porcentaxe veciños, e é ben sabido por todos que calquera da provincia de León que mañán se empadrone no Irixo terá o mesmo dereito a estos traballos ca nos.

Estamos moi preocupados polos efectos que poida causar unha incineradora na nosa saude, preocupados polos efectos que as dioxinas, furanos  e metales pesados causan ó ser respirados ou inxeridos por comer vexetais ou animais que acumulen estas dioxinas.

Porque no Irixo consideramos que quen xera basura debe tratala, e por eso as grandes municipios que xeren residuos deben tratala nas súas terras. Xa que os residuos son subproductos xerados por poboación que está a desarrollarse económicamente e que ten hospitales e servizos, e onde costaría moito menos tratar a basura xa que gastarían moitísimo menos en transporte.

Tamén estamos preocupados polas  cenizas que quedan despois da combustión, xa que como todos sabemos, cando se queima algo non se destrue totalmente. Se se queima basura, as cenizas que quedan son un residuo tóxico e perigoso. ¿Qué van a facer con estas cenizas?¿Van a enterralas nun vertedoiro no Irixo que máis tarde van a expropiar?. Se fan esto xa non é a planta que nos están contando e pasa a ser un vertedoiro de residuos tóxicos e peligrosos, con outros problemas moi diferentes os que nos están contado. Estamos falando de enterrar uns 6.000 camións con 10 toneladas o ano. Se o que van a facer é levar estas cenizas a outro sitio, como as van a almacenar temporalmente. Porque se o fan o aire libre acabarán sendo empuxadas polo vento a vexetación e comerana os coellos e animais que estean no monte.

Tamén estamos preocupados polos efectos que ten sobre a auga a extracción de un volumen que ainda non se comunicou, pero que será moi elevado. Unha vez que se utilice esta auga ten que ser vertida a un dos ríos virxes do Irixo, con pouco caudal, que tanto pola cantidade de auga como pola calidade desas augas vaise a ver totalmente alterado.

Tamén nos preocupan os olores nauseabundos que se producirán na planta e cando pasen os camións cargados de basura.

Dende esta coordinadora queremos invitar a tódolos veciños a que loiten porque o Irixo siga sendo un lugar no que podamos vivir sin riscos para a saude  nin para o medio ambiente, PORQUE NON ESTAMOS DISPOSTOS A VENDER A SAUDE DAS NOSAS FAMILIAS POR UN POSTO DE TRABALLO.

TAMÉN QUEREMOS PEDIR DENDE AQUÍ AXUDA a tódolos veciños das comarcas do Carballiño, do Ribeiro e do Deza, porque eles dependendo da ubicación da planta e dos ventos predominantes van a ter os mesmos problemas ca nos se instalan aquí a incineradora.

 

A INCINERADORA NO IRIXO NON

One Response to A razón da Nosa Causa

  1. Mª do Pilar Barros Barco (Socia e directiva de asociación ecoloxísta ADEGA says:

    Desde ADEGA estamos con todo movemente que estexa contra proxectos que atenten contra o medioambiente. Este tipo de eliminación dos residuos é obsoleto inadecuado. Hai alternativas descentralizadas , que reducen, reutilizan e compostan os residuos e que tambén crean postos de taballo. Pilar Barros

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *