Actividades do Entroido Incineradora No Irixo NON

 A pesar das pretensións do alcalde do Irixo, tratando de acalar a nosa voz mediante a suspensión do entroido no noso concello. Nos os veciños do Irixo e membros da “Coordinadora Incineradora no Irixo Non”, seguiremos loitando contra a instalación da Incineradora coa participación nos seguintes desfiles do entroido da provincia:

…Domingo 19 pola mañá: Desfile no entroido de Verín.
Domingo 19 pola tarde: Desfile no entroido de Ourense.
Luns 20 pola tarde: Desfile no entroido de Maside.
Martes 21 pola tarde: Desfile no entroido de Carballiño.

Participaremos nos pasarrúas cunha carroza titulada “O BOSQUE DESANIMADO”, na que tratamos de reflexar como a incineradora convertirá a nosa terra nun lugar inhóspito para a vida. “IRIXO 2012-IRIXO 2020”.

Invitamosvos a todos a participar no entroido e a seguir loitando para evitar a imposición da incineradora en contra da vontade dos propios veciños do Irixo.

FDO: INCINERADORA NO IRIXO NON

This entry was posted in Eventos. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *