COMUNICADO DA COORDINADORA

COMUNICADO DA COORDINADORA VECIÑAL, INCINERADORA NO IRIXO, ¡NON! O Irixo, 15 de febreiro de 2012

En relación co Decreto de data 9 de febreiro, insertado onte no BOP de Ourense (nº37), no que o alcade do Concello do Irixo, Manuel Penedo Paradela, delega as súas funcións no concelleiro tenente de alcalde, Manuel Cedeira Lorenzo, do 13 ao 22 do presente mes, aducindo “asuntos propios”, QUEREMOS MANIFESTAR:

1º.- Que o alcalde e mailo tenente cóstannos (segundo o ozamento de 2010) aos irixenses actuales (1740 resistentes): 76.409,92 euros (incluída a Seguridade Social). Compárese a cifra cos gastos de persoal, Capítulo I, 294.123,98 euros, e co presuposto total do Concello 1.016.039 euros. Ambos “mandatarios” teñen dedicación exclusiva e deberían estar de 8 a 15 hs no Concello, pero eles mesmos controlan o seu horario. Todos sabemos que Manuel Penedo está polas tardes no negocio familiar de ferretería e almacen de materiais de construcción (do que surte ao Concello) e que Manuel Cedeira, o inefable “Lito”, emprega ben o tempo (con negocios inmobiliarios no Carballiño).

2º.- Causa indignación, pois, que sendo eles os únicos políticos que cobran por selo no Irixo (58.000 euros netos entre os dous) intenten descalificar o movemento cidadán contra a instalación da Incineradora -que pediron polo calada, de costas ao pobo-, coa falacia de que somos uns “poucos”, manipulados politicamente polo PSOE e o BNG. Mentiron os que antes nos ocultaron os seus manexos, e agora volven mentir para convenceren aos que dubidan da “excelencia” da incineradora: viaxes a Cerceda con xantar abundante e todo por suposto sufragado, chamadas teléfonicas aos comuneiros dos montes e outras falcatruadas polo estilo.

3º.- Ao alcance están, nas hemerotecas, as declaracións públicas de Penedo (primeiro demonizando “ao aparellador, ao cura e ao poeta”, logo contestándolle así ás mulleres: “póñoa porque me dá a gana”). En fin, exercendo de amo e señor, desprezando aos seus votantes, perseguindo aos que denunciamos o “negocio SOGAMA 2”. Tanta ignorancia e insensatez conducen á crispación: familias divididas, adhesións a causa compradas con hipoteticos “postos de traballo”, listas negras, insultos, descalificacións… Non, non somos dóciles “ovelliñas”, non imos tolerar que xoguen coa nosa saúde e coa dos nosos fillos (aceptou a incineradora sen ter estado nunca en Cerceda, e foi, por fin, na compaña do Secretario, pasados tres días do anuncio do Conselleiro de Medio Ambiente, 7-12-2011). Agora decide “delegar as súas funcións no “concelleiro tenente”, precisamente no tempo do Antroido. Fuxe porque ten medo. É o ANTICIPO do que fará se logra IMPORNOS a Incineradora, o vertedoiro e todo o que lle ordene Estela Eólica, daquela marchará definitivamente. Él non lle quere ao Irixo, avergónzase de ser de aquí.

4º.- Manuel Penedo escápalle á burla popular (él, tan valente, que ata tildou ao alcalde do Carballiño de “cobarde”, por situarse ao lado dos seus veciños), ténlle medo á tradición, odia a cultura, representa a barbarie incivilizada.

Esta supresión do Antroido no Irixo lémbranos moito a condea decretada contra o Carnaval, durante decadas, por un tal Francisco Franco. Pero a pesar da tiranía, á que lle descubrimos o seu verdadeiro rostro, e do traballo sucio do seu “tenente”, seguiremos loitando contra os que queren converter esta terra na que nacemos -fermosa, chea de posiblidades limpas- no basureiro do sur. ¡¡¡¡Contra o tirano que nunca rí, BURLA CHEIRENTA!!!!

This entry was posted in Incineradora. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *