Petición de Información ao Sr. Tenente Alcalde

Hoxe un grupo de persoas solicitáronlle información ao señor Tenente Alcalde sobre a incineradora de O IRIXO, iso si, tiveron que esperar ata as 11 da mañá.

Estas son algunhas das preguntas:

1.- ¿Por qué queredes instalar unha incineradora no Irixo?
R- Amosou os curriculums da xente

2.- ¿Dende cando un Concello fai a selección de persoal dunha empresa privada?
R- A empresa (Estela Eólica) lle pediu administrativos, técnicos (non nombrou os posto de separar lixo) e eles darán os currículos pertinentes.

3.- ¿Antes de propoñer esa zona fíxose algún estudo para ver se era viable (augas, topoloxía,…)?
R- Si. En breve daranos razón a xente que ó solicitou

4.- ¿Por qué concellos como Vigo, cunha taxa de paro altísima, deixan escapar esta gran oportunidade de emprego (300 postos) ?
R- Son 140 e non 300 (a cousa vai baixando) e que a xente do Irixo tamén ten dereito a traballar.

5.- ¿Como demostra el que a maioría dos veciños están a favor?
R- Non soupo contestar. (Nós pedimos un referendouma para demostralo)

6.- ¿Impórtalle algo a opinión dos veciños que estaban alí manifestando as súas inquedanzas?
R- Non. Polo que algún dos asistentes abandonou o despacho.

7.- ¿Que cousa fixo vostede no Irixo, como técnico de desenvolvemento local ?
R- Un xeriátrico, un restaurante en Dadín, un restaurante no Tellado e un obradoiro de emprego.

Os asistentes dixéronlle que eses negocios eran privados, e el contestou dicindo que él xestionaba as axudas.

 

 

This entry was posted in Incineradora. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *