Efectos suspensión primas as enerxías renovables

Posibles efectos sobre a viabilidade financeira do proxecto a partir do Real Decreto-ley 1/2012, de 27 de xaneiro

Onte domingo 29, La Voz de Galicia publicou na sección de Economía un artigo no que analiza o impacto da suspensión das primas ás instalacións de enerxías renovables aprobada no Consello de Ministros do pasado venres:
– M. Sío Dopeso (2012) El Gobierno hace inviable el plan eólico gallego al dejarlo sin ayudas. La Voz de Galicia, 29 de xaneiro.

Aínda que a noticia céntrase na tecnoloxía eólica, a norma referida afecta igualmente a xeneración a partir de residuos e ten dous efectos principais:
– Suspende temporalmente as primas para novas instalacións de réxime especial.
– Conxela a preasignación do Ministerio de Industria, trámite administrativo para que as plantas se podan construir e reciban primas.
O referido artigo explica que a norma non será retroactiva para os proxectos xa instalados nen para aqueles que estean inscritos no “Registro de preasignación de régimen especial”. En ambos casos, seguirán coas primas. (Para consultar mais detalles hai que ir ó BOE do 28 de xaneiro:
http://www.boe.es/boe/dias/2012/01/28/pdfs/BOE-A-2012-1310.pdf ).

Citando a un empresario do sector eólico, aparece a idea esencial no artigo de onte: “Aunque exista intención de seguir adelante, para construir un parque sin primas nadie va a encontrar financiación. Ya los últimos parques preasignados ya tuvieron muchas dificultades con los bancos, a pesar de las primas” […] en la práctica, tras el real decreto del Gobierno “en Galicia sólo se va a instalar lo que está preasignado”.
Creo que esta inviabilidade intrínseca en ausencia de primas é plenamente extrapolable ós proxectos de xeneración a partir de residuos, porque, polo que teño entendido, a tecnoloxía eólica é a mais rendible entre as renovables (se non incluímos a hidráulica, que sempre foi rendible sen axudas públicas).

Na miña opinión, desde un enfoque económico e tras este importante cambio normativo a viabilidade da planta de xeneración a partir de residuos do Irixo depende de si está ou non incluida no Rexistro de preasignacións.

O “Listado actualizado a 12 de enero de 2012 de las instalaciones inscritas en el Registro de Preasignación de instalaciones de régimen especial” está dispoñible en formato pdf nas seguintes web do Ministerio de Industria:http://www.minetur.gob.es/energia/electricidad/RegimenEspecial/Documents/Listados_de_las_Resoluciones_12_01_2012.pdf
http://www.minetur.gob.es/energia/electricidad/RegimenEspecial/Paginas/registro_preasignacion.aspx

Consultei neste Rexistro todos os proxectos en Galicia e non encontrei o do Irixo, polo que deduzco que non figura e, por tanto, quedaría afectado pola nova normativa.

Tamén consultei o “Registro de instalaciones” que entendo que se refire a inscripcións definitivas:
http://www.minetur.gob.es/energia/electricidad/RegimenEspecial/Registro/Paginas/RegistroInstalacionesRE.aspx
(Para consulta é necesario ter instalado un certificado electrónico dos que se usan para trámites con facenda por internet)
Neste caso encontrei no Irixo únicamente unha instalación eólica cos seguintes datos: Parque Eólico (“P.E.”) Irixo Fase I. Clave de registro: RE-015760

Conclusión, tampouco eiquí figura, parece confirmarse que queda afectado polo cambio normativo co que a viabilidade do proxecto parece seriamente cuestionada.

 

Roberto Carballo.

 

 

This entry was posted in Incineradora. Bookmark the permalink.

One Response to Efectos suspensión primas as enerxías renovables

  1. Nemigo says:

    o proxecto do irixo non pode estar porque non existe como tal. Non está aprobado pola xunta e moito menos ten os papeis do concello e os de industria. Carece de permisos polo que non se pode incluir. De tódolos xeitos podería estar incluida a ampliación de sogama (plata satélite ou enxendro similar)

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *