Manifesto Manifestación 7 Enero

 

A “COORDINADORA VECIÑAL INCINERADORA NO IRIXO NON”, en relación a manifestación celebrada o día 07 de Xaneiro de 2012 ás 16:00, expresa o seguinte:

 

 

1º – A satisfación pola magnífica resposta á nosa convocatoria.

2º – Agradece ás coordinadoras de Carbaliño e Deza a colaboración e infraestructura no evento.

3º – Agradece o apoio que tódalas asociacións e organización comprometidas: relixiosas, veciñais, ecoloxistas, culturais, sindicais e políticas, representativas da sociedad galega no seu conxunto.

4º – Estima o volume de asitentes en 5000 persoas aproximadamente.

5º – A maioritaria resposta social é máis que suficiente para que as administracións: locas, provincial e autonómica, rectifiquen a súa imposción de instalar unha incineradora de residuos no Concello de O IRIXO; ao mesmo tempos insiste en que a nivel autonómico se debería reabrir o debate sobre o actual modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

6º – Tanto esta coordinadora coma as do Deza e Carballiño contiuarán coa súa labor de difusión de información, agotando as vías xudiciais e lixislativas e emprendendo todo tipo de accións.

7º – Denuncia os métodos antidemocráticos empregados ata agora polo alcalde e tenenete de alcalde de O Irixo.

 

 

Apelamos a tódolas galegas e galegos para que se impliquen e solidaricen cun problema que atinxe a sociedade no seu conxunto.

This entry was posted in Incineradora. Bookmark the permalink.

6 Responses to Manifesto Manifestación 7 Enero

  1. Noraboa e adiante!
    Xuntos poderemos parar semellante atropelo!

    • Mara Pousa Santamaría says:

      Nós parámolo no Ribeiro, e éramos nós soiños contra o poder arrogante. E gañamos. Sorte Irixo. Merecédela.

  2. Jose Manuel Covelo Ferradas says:

    Esto merece una consulta popular, y definirlo por el voto directo y secreto de los vecinos de O Irixo

    • Mara Pousa Santamaría says:

      Si lle preguntades a xente do Irixo si quere ter unha incineradora para queimar todo o rechazo resultante do reciclado de todos os resíduos do Sur de Galiza…é facil que o NON saque un 90 por cento do escrutinio. Seguro…porque nadie quere unha cousa así o ladiño da casa…nadie..

      Nós non a quixemos no Ribeiro, os da Limia non a queren….cando Patxi Vázquez, daquela conselleiro de Medio ambiente, dixera que o parque da merda que nos quería instalar en Carballeda de Avia queríanno en moitísimos sitios e dixo Cangas para poñer de exemplo, o día seguinte montouse unha boa en Cangas no concello….NADIE QUERE ESO na sua terra…NADIE.

      • Jose Manuel Covelo Ferradas says:

        Estoy convencido que la inmensa mayoria no quiere una planta como esta en O Irixo, y ademas, espera del Alcalde soluciones a la desacupacion que no sea pasar los proximos 30 años separando, quemando o enterrando en su pueblo la basura que guenera el resto de Galicia.
        Si la mayoria de los vecinos de O Irixo vota de manera secreta y directa en contra de la planta, el Alcalde como su representante deberia escucharlos y dar marcha atras.
        Solo habria que convencer al Alcalde para que implemente esta medida y acepte los resultados.

  3. Mara Pousa Santamaría says:

    Solo recordarvos que no Ribeiro paramos o parque merdambiental que quería encher de resíduos a miña comarca. Asi que…ADIANTE, non vos dedes por vencidos, loitade pola vosa terra da misma forma que os do Foro Social “Temos dereito a saber” loitamos pola nosa. Internet é unha plataforma extraordinaria para mover conciencias e, como é voso caso, si acompaña a razón…xa tendes todo medio ganado. Non baixedela garda….tendes todo da vosa parte para gañar esta loita, todos estamos con vós…; non acabo de entender a postura do voso alcalde…non a entendo….supoño que estará moi preocupado o ver a tanta xente no paro, pero eso non é motivo suficiente para cargar con algo QUE NADIE QUERE NA SUA TERRA. Errar é de humanos, rectificar de sabios. Espero que Manolo volva o mundo da sabiduría no que en tantos anos anduvo, e rectifique e se negue a instalar eso no Irixo. Non é nin lóxico nin xusto que unha terra que nada contamina acabe apandando co todos os resíduos de Galiza sur.
    Eu non puiden ir a manifa que tivestes o sete, foime imposible; moitos compañeiros meus sí estiveron con vos e sei que están con vós de corazón como o estou eu….; non podo decir o mesmo de algún cantamañanas que gritaba “lixo non” e fixeran unha plataforma a favor do parque da merda no Ribeiro…nin de algúns ecoloxetas da miña comarca que andiveron reacios a mostrar a sua repulsa cando o mesmo se quixo instalar no Ribeiro…pero xa sabemos que hai de todo no campo do señor..

    Forza Irixo…deséxovos toda a sorte do mundo. Tendes todo o dereito a loitar pola vosa terra…e espero que consigades o mesmo ca nós: afastar de vós ese monstruo de planta de tratamento de resíduos igual que fixemos nós no Ribeiro.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *