COMUNICADO DE PRENSA 3 de Xaneiro de 2012

Mediante a presente queremos manifestar o sentimento de indignación e traicción que estamos a sentir os veciños de Irixo, incluídos moitos dos comuneiros das comunidades de montes nas que se pretende instalar a planta incineradora.

En primeir lugar sentímonos traizoados polo acalde xa que sigue mentindo ó decir que durante esta semana se iba a firmar un contrato, cando xa o estaba firmado. Desta firma non informou nin ós medios de comunicación nin ós propios comuneiros, sendo descuberto á firma do contrato por un periodista e non por ningún membro do concello de Irixo.

Por outra parte sentímonos esperanzados xa que o alcalde anunciou que ía firmar un contrato, e o único que conseguiu firmar foi unha declaración de intencións e aplazar a firma do contrato ata marzo. Polo tanto tan solo ten “papel mollado” sobre o cal tanto a empresa como os comuneiros poden volverse atrás en calquera momento.

Tamén queremos destacar que o acordo foi firmado pola empresa, o tenente de alcalde e o secretario da comunidade de montes, non por tódolos comuneiros.

Según a ley de montes veciñales de man común e os propios estatutos das comunidades de montes veciñales en cuestión, para tomar un acordo de cesión do monte debe comunicarse ós comuneiros por escrito e con unha antelación de 10 días a citación para unha Xunta Xeral. Este punto foi incumplido polo presidente e o secretario das comunidades de montes, ó comunicar unicamente a Xunta Xeral de forma telefónica a algúns dos comuneiros, non a todos.

Por outra parte, tamén imcumpliron os estatutos da súa comunidade de montes ó non publicar no Concello do Irixo durante un periodo de 15 días a acta da reunión, cita textual dos estatutos “Deberán publicarse en el tabón de anuncios del ayuntamiento y en los lugares habituales las actas de reunión durante un periodo de 15 días, dos días después de la celebración de la reunión”.

Polo tanto a Xunta Xeral que celebraron os comuneiros non ten validez, e calquera acordo ou contrato que firmen os directivos de esas comunidades de montes apoiados na anterior Xunta tampouco ten validez ó non estaren nin o presidente nin a xunta legalmente facultados pola Xunta Xeral das comunidades de montes.

DENDE AQUÍ QUEREMOS PEDIR A TÓDOLOS VECIÑOS DE IRIXO, DA COMARCA DE CARBALLIÑO E DA COMARCA DO DEZA A SÚA AXUDA, A SÚA  FORZA E A SÚA PRESENCIA NA MANIFESTACIÓN QUE SE CELEBRARÁ O DÍA SÁBADO 7 DE XANEIRO AS 4 DA TARDE NO IRIXO, XA QUE TODOS SEREMOS DIRECTAMENTE AFECTADOS.

Comunicado Prensa 3 Enero

ASINADO: Membros da coordinadora a incineradora no Irixo non.

This entry was posted in Incineradora. Bookmark the permalink.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *